Para os que estivestes nas xuntanzas, para os que non, e para todas as clases de primeiro, de novo queremos salientar o voso esforzo e dedicación, para manter a continuidade da nosa labor. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nas nosas propostas, a ilusión que nenas e nenos puxeron en cada xogo e tarefa, e agardamos que o noso traballo vos fora útil ao longo destes meses de incerteza.
Non podemos xuntarnos no cole como nos gustaría para poder despedir o curso entre apertas, bailes, sorrisos e bicos, pero non nos rendemos, queremos tentar facer algo especial a modo de despedida e por iso vos deixamos este recordo dun ano especial como agradecemento.
Como mestra de 1ºB tamén quero dar as grazas as miñas compañeiras, que forman un gran equipo!! Isaura, Diana, Ada e Elva!!
Espero volver a vervos a todos e todas!!!! Unha aperta e ata pronto! 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario