Espazo de traballo: procura manter o mesmo espazo de traballo durante
estes días. Pon orde na zona de traballo e procura ter a man o material que
precisas.
Establece un horario: sabemos que é complicado manter un horario fixo
pero... temos que intentalo.
Segue unha rutina: non todos os días teñen que ser iguais pero é importante
manter unha rutina. Adica todos os días un tempo para realizar as tarefas
escolares, para estar coa familia, xogar, ver a televisión, xogar, ler, etc.
Material: precisarás lápis, goma, papel e un estoxo con pinturas ou lápis de
cores. É importante que contes cunha libreta de pauta simple, de non ser así,
podes pedir axuda a mamá ou papá para elaborar o teu propio caderno de
pauta cun bolígrafo e unha regra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario