jueves, 18 de junio de 2020
NORABOA A TODOS /AS E FELICES VACACIÓNS.
Paseniño, paseniño comezamos o camiño.
Entre a néboa buscamos ecos
de prata e raiolas de millo,
arrolados polas cantigas dos piñeiros
que tentan calmar o vento,
sempre ó axexo, á beira do camiño.
Antonio García Teijeiro.
Nenos e nenas de Primeiro:
Como nos di o poema este ano todos tivemos que facer un esforzo especial para día a día e pasiño a pasiño acadar a nosa meta e finalizar o curso. Cada un de vós fostes un eco de prata e unha raiola que contaxiaba aos compañeiros para facer as tarefas e animaba ás familias e ás mestras que buscabamos entre a néboa da incertidume fórmulas para guiarvos neste tempo de confinamento.
Non era doado calmar a este vendaval do Coronavirus pero fostes todo un exemplo de valentía que nos deixou a todos abraiados. Por todo isto, grazas.
Agora chega o verán e as vacacións, os nosos mellores desexos para todos e todas así como para as vosas familias. Disfrutar moito que ben o merecedes!
E da miña parte dicirvos que foi un gusto compartir con vós este camiño e paseniño a paseniño chegar ao noso destino.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario