O 17 de maio celebraremos o día Das Letras Galegas. Este ano adícaselle a Ricardo Carvalho Calero, un dos grandes escritores da nosa literatura. Para coñecer un pouco a súa vida e obra tedes a continuación uns videos e actividades en liña para comezar o traballo.
Os audiolibros son gravacións dos contidos dun libro lidos en voz alta. Cada vez están máis presentes grazas ás novas tecnoloxías. Hai estudos recentes que afirman que escoitar audiolibros incrementa a comprensión lectora, mellora o vocabulario e facilita a fluidez oral.
O primeiro audiolibro que propoñemos é un capítulo de Ladybag. Na seguinte imaxe tedes o enlace para escoitalo e as actividades para realizar despois da escoita do capítulo.
Se tedes algunha dificultade para abrir o seguinte xogo ou outra das actividades en liña, por exemplo as de Anaya dixital, debedes activar o Adobe Flash Player.