1. ACTIVIDADES DE REPASO PARA ESTA SEMANA
PREME PARA DESCARGAR |
PREME PARA DESCARGAR |
Para practicar un pouquiño a expresión oral deixámosvos a seguinte ligazón onde podedes atopar ditos, cancións, recitados, xogos, trabalinguas, oracións de risas...en galego.
Cando xogades cos vosos amigos e amigas e tedes que botar a sortes a quen lle toca quedar, por exemplo ao pilla- pilla, empregades cancións ou retahilas.
Pois na páxina anterior, na lapela de botar a sortes, tedes un montón para que poidades empregalos cando xoguedes (tedes aquí o enlace directo).
Pois na páxina anterior, na lapela de botar a sortes, tedes un montón para que poidades empregalos cando xoguedes (tedes aquí o enlace directo).
Por exemplo: Nun café rifaron un gato
Nun café rifaron un gato,
un, dous, tres e catro.
Un, dous e tres,
zapatiño inglés.
A ver a quen lle toca
ao número...catro.
Así que vos propoñemos un RETO!
TEDES QUE MEMORIZAR O RECITADO QUE VOS QUEIRADES E GRAVARVOS NUN PEQUENO VÍDEO E MANDÁRNOSLO ÁS PROFES.
Aceptades o reto?
A ver quen é o primeiro que se atreve?
No hay comentarios:
Publicar un comentario