Queridos alumnos e alumnas de 1ºA:
Chegamos ao remate deste curso tan especial e diferente, todo isto por diferentes motivos.
Comezábades unha nova etapa alá polo mes de setembro, a Educación Primaria, cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender cousas novas con todos os vosos compañeiros e compañeiras.
Foi pasando o ano e chegou o mes de marzo.
Neste mes tivemos a visita dun tal COVID-19, o cal nos mandou a todos e todas confinados para casa e nos pillou un pouco por sorpresa, non é? E así comezou unha nova aventura onde os protagonistas, heroes e heroínas, fostes TODOS e TODAS vós.
Traballastes e esforzástesvos como campións e campioas semana tras semana, facendo e participando en todas as actividades que propoñíamos as mestras, desde as fichas de repaso, manualidades, retos, videos, fotos, videoconferencias...
Por todo isto e moito máis, agardo con moita ilusión a chegada do mes de setembro para volver vervos e seguir aprendendo e disfrutar todos xuntos dun novo curso.
Deixovos aquí un pequeno recordo deste curso. Podedes descargala e imprimila se queredes.
Unha aperta moi moi forte para todos e todas!!
Felices vacacións!!
Felices vacacións!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario