Fai clic no enlace para ver a celebración do fin de trimestre
viernes, 23 de diciembre de 2022
domingo, 13 de noviembre de 2022
jueves, 25 de febrero de 2021
lunes, 22 de febrero de 2021
domingo, 21 de febrero de 2021
24 de febreiro: DÍA DE ROSALIA
Cando a luniña aparece
Cando a luniña aparecei o sol nos mares se esconde,todo é silencio nos campos,todo na ribeira dorme.Quedan as veigas sin xente,sin ovelliñas os montes,a fonte sin rosas vivas,os árbores sin cantores.Medroso o vento que pasaos pinos xigantes move,i á voz que levanta triste,outra máis triste responde.Son as campanas que tocan,que tocan en sons de morte,i ó corasón din: "N'olvidesós que para sempre dormen."¡Qué triste! ¡Qué hora tan tristeaquela en que o sol se esconde,en que as estreliñas pálidastímidamente relosen!Aló as montañas confusasde espesas niebras se croben,i a casa branca en que el vive,en sobra espesa se envolve.En vano miro e máis miro,que os velos da negra noiteentre ela i os meus olliñostraidoramente se poñen.
sábado, 7 de noviembre de 2020
sábado, 31 de octubre de 2020
EL MOUNSTRUO ROSA
En Educación en Valores durante esta semana estamos argallando pequenas actividades como a que amosamos a continuación.....
Vega, Ivone, Abdelilah, Nicole, Jade e Valentina fixeron este fermoso debuxo onde nos queren transmitir o marabilloso que é vivir nun País de Cores, onde a riqueza está na diversidade e na diferenza entre as persoas que nos rodean.
sábado, 20 de junio de 2020
PARABÉNS VEGA
Hoxe está de aniversario a nosa compañeira Vega de 1ºA.
Moitas felicidades polo aniño que celebras hoxe!
Unha aperta forte!
jueves, 18 de junio de 2020
NORABOA A TODOS /AS E FELICES VACACIÓNS.
Paseniño, paseniño comezamos o camiño.
Entre a néboa buscamos ecos
de prata e raiolas de millo,
arrolados polas cantigas dos piñeiros
que tentan calmar o vento,
sempre ó axexo, á beira do camiño.
Antonio García Teijeiro.
Nenos e nenas de Primeiro:
Como nos di o poema este ano todos tivemos que facer un esforzo especial para día a día e pasiño a pasiño acadar a nosa meta e finalizar o curso. Cada un de vós fostes un eco de prata e unha raiola que contaxiaba aos compañeiros para facer as tarefas e animaba ás familias e ás mestras que buscabamos entre a néboa da incertidume fórmulas para guiarvos neste tempo de confinamento.
Non era doado calmar a este vendaval do Coronavirus pero fostes todo un exemplo de valentía que nos deixou a todos abraiados. Por todo isto, grazas.
Agora chega o verán e as vacacións, os nosos mellores desexos para todos e todas así como para as vosas familias. Disfrutar moito que ben o merecedes!
E da miña parte dicirvos que foi un gusto compartir con vós este camiño e paseniño a paseniño chegar ao noso destino.
miércoles, 17 de junio de 2020
FIN DE CURSO 1ºA
Queridos alumnos e alumnas de 1ºA:
Chegamos ao remate deste curso tan especial e diferente, todo isto por diferentes motivos.
Comezábades unha nova etapa alá polo mes de setembro, a Educación Primaria, cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender cousas novas con todos os vosos compañeiros e compañeiras.
Foi pasando o ano e chegou o mes de marzo.
Neste mes tivemos a visita dun tal COVID-19, o cal nos mandou a todos e todas confinados para casa e nos pillou un pouco por sorpresa, non é? E así comezou unha nova aventura onde os protagonistas, heroes e heroínas, fostes TODOS e TODAS vós.
Traballastes e esforzástesvos como campións e campioas semana tras semana, facendo e participando en todas as actividades que propoñíamos as mestras, desde as fichas de repaso, manualidades, retos, videos, fotos, videoconferencias...
Por todo isto e moito máis, agardo con moita ilusión a chegada do mes de setembro para volver vervos e seguir aprendendo e disfrutar todos xuntos dun novo curso.
Deixovos aquí un pequeno recordo deste curso. Podedes descargala e imprimila se queredes.
Unha aperta moi moi forte para todos e todas!!
Felices vacacións!!
Felices vacacións!!
FIN DE CURSO 1°B
Para os que estivestes nas xuntanzas, para os que non, e para todas as clases de primeiro, de novo queremos salientar o voso esforzo e dedicación, para manter a continuidade da nosa labor. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nas nosas propostas, a ilusión que nenas e nenos puxeron en cada xogo e tarefa, e agardamos que o noso traballo vos fora útil ao longo destes meses de incerteza.
Non podemos xuntarnos no cole como nos gustaría para poder despedir o curso entre apertas, bailes, sorrisos e bicos, pero non nos rendemos, queremos tentar facer algo especial a modo de despedida e por iso vos deixamos este recordo dun ano especial como agradecemento.
Como mestra de 1ºB tamén quero dar as grazas as miñas compañeiras, que forman un gran equipo!! Isaura, Diana, Ada e Elva!!
Espero volver a vervos a todos e todas!!!! Unha aperta e ata pronto! 😘
martes, 16 de junio de 2020
XUNTANZA FINAL DE CURSO 1ºA
Bo día a tod@s!
Xa estamos a piques de comezar as vacacións de verán despois deste curso tan especial e diferente!
Seguro que tedes moitas ganas!
Así que mañá mércores realizaremos a última videoconferencia para vernos un ratiño e despedirnos.
Espérovos mañá ás 16:00 h.
O enlace á reunión é:
lunes, 15 de junio de 2020
XUNTANZA DESPEDIDA DE CURSO 2019/2020 1ºB
ESTE MÉRCORES VOLVEREMOS A VERNOS PARA DESPEDIR XUNTOS ESTE CURSO QUE SEGURO DEIXARÁ PEGADAS EN TOD@S NÓS.
A XUNTANZA SERÁ AS 11 DA MAÑÁ
ESPÉROVOS A TODOS E TODAS! MOITOS BICOS!!😘
domingo, 14 de junio de 2020
viernes, 12 de junio de 2020
jueves, 11 de junio de 2020
martes, 9 de junio de 2020
LIBROS 3ª AVALIACIÓN
En relación aos libros da 3a avaliación que foron entregados no día de onte aclaramos que:
O ALUMNADO PODE REALIZAR AS TAREFAS NOS MESES DE VERÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















