MATEMATICAS

sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN

Corre corre, cabaciña ...


Como o fixemos?


Resultado final ...





EL MOUNSTRUO ROSA

En Educación en Valores durante esta semana estamos argallando pequenas actividades como a que amosamos a continuación.....


Vega, Ivone, Abdelilah, Nicole, Jade e Valentina fixeron este fermoso debuxo onde nos queren transmitir o marabilloso que é vivir nun País de Cores, onde a riqueza está na diversidade e na diferenza entre as persoas que nos rodean.



sábado, 20 de junio de 2020

PARABÉNS VEGA

Hoxe está de aniversario a nosa compañeira Vega de 1ºA.
Moitas felicidades polo aniño que celebras hoxe!
Unha aperta forte!


jueves, 18 de junio de 2020

NORABOA A TODOS /AS E FELICES VACACIÓNS.



Paseniño, paseniño comezamos o camiño.
Entre a néboa buscamos ecos
de prata e raiolas de millo,
arrolados polas cantigas dos piñeiros 
que tentan calmar o vento,
sempre ó axexo, á beira do camiño.

Antonio García Teijeiro.

Nenos e nenas de Primeiro:

Como nos di o poema este ano todos tivemos que facer un esforzo especial para día a día e pasiño a pasiño acadar a nosa meta e finalizar o curso. Cada un de vós fostes un eco de prata e unha raiola que contaxiaba aos compañeiros para facer as tarefas e animaba  ás familias e ás  mestras que buscabamos entre a néboa da incertidume fórmulas para guiarvos neste tempo de confinamento.
Non era doado calmar a este vendaval do Coronavirus pero fostes todo un exemplo de valentía que nos deixou a todos abraiados. Por todo isto, grazas.
Agora chega o verán e as vacacións, os nosos mellores desexos para todos e todas así como para as vosas familias. Disfrutar moito que ben o merecedes!
E da miña parte dicirvos que foi un gusto compartir con vós este camiño e  paseniño a paseniño chegar ao noso destino.


miércoles, 17 de junio de 2020

FIN DE CURSO 1ºA

Queridos alumnos e alumnas de 1ºA:

Chegamos ao remate deste curso tan especial e diferente, todo isto por diferentes motivos.
Comezábades unha nova etapa alá polo mes de setembro, a Educación Primaria, cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender cousas novas con todos os vosos compañeiros e compañeiras.
Foi pasando o ano e chegou o mes de marzo. 
Neste mes tivemos a visita dun tal COVID-19, o cal nos mandou a todos e todas confinados para casa e nos pillou un pouco por sorpresa, non é? E así comezou unha nova aventura onde os protagonistas, heroes e heroínas, fostes TODOS e TODAS vós.
Traballastes e esforzástesvos como campións e campioas semana tras semana, facendo e participando en todas as actividades que propoñíamos as mestras, desde as fichas de repaso, manualidades, retos, videos, fotos, videoconferencias...
Por todo isto e moito máis, agardo con moita ilusión a chegada do mes de setembro para volver vervos e seguir aprendendo e disfrutar todos xuntos dun novo curso.
Deixovos aquí un pequeno recordo deste curso. Podedes descargala e imprimila se queredes.
Unha aperta moi moi forte para todos e todas!!
Felices vacacións!!

FIN DE CURSO 1°B



Para os que estivestes nas xuntanzas, para os que non, e para todas as clases de primeiro, de novo queremos salientar o voso esforzo e dedicación, para manter a continuidade da nosa labor. Agradecemos a colaboración e implicación das familias nas nosas propostas,  a ilusión que nenas e nenos puxeron en cada xogo e tarefa, e agardamos que o noso traballo vos fora útil ao longo destes meses de incerteza.
Non podemos xuntarnos no cole como nos gustaría para poder despedir o curso entre apertas, bailes, sorrisos e bicos, pero non nos rendemos, queremos tentar facer algo especial a modo de despedida e por iso vos deixamos este recordo dun ano especial como agradecemento.

Como mestra de 1ºB tamén quero dar as grazas as miñas compañeiras, que forman un gran equipo!! Isaura, Diana, Ada e Elva!!

Espero volver a vervos a todos e todas!!!! Unha aperta e ata pronto! 😘


martes, 16 de junio de 2020

XUNTANZA FINAL DE CURSO 1ºA

Bo día a tod@s!

Xa estamos a piques de comezar as vacacións de verán despois deste curso tan especial e diferente!
Seguro que tedes moitas ganas!
Así que mañá mércores realizaremos a última videoconferencia para vernos un ratiño e despedirnos.
Espérovos mañá ás 16:00 h.
O enlace á reunión é:





lunes, 15 de junio de 2020

XUNTANZA DESPEDIDA DE CURSO 2019/2020 1ºB



ESTE MÉRCORES VOLVEREMOS A VERNOS PARA DESPEDIR XUNTOS ESTE CURSO QUE SEGURO DEIXARÁ PEGADAS EN TOD@S NÓS.

A XUNTANZA SERÁ AS 11 DA MAÑÁ

PARA ACCEDER A ELA SÓ TEDES QUE PREMER NA SEGUINTE LIGAZÓN:👇

XUNTANZA 1ºB

ESPÉROVOS A TODOS E TODAS! MOITOS BICOS!!😘



viernes, 12 de junio de 2020

jueves, 11 de junio de 2020

PARABÉNS ARTURO

Hoxe 11 de xuño é Arturo de 1ºA quen está de aniversario.
Moitos parabéns!
Unha aperta!


martes, 9 de junio de 2020

LIBROS 3ª AVALIACIÓN

En relación aos libros da 3a avaliación que foron entregados no día de onte aclaramos que:
O ALUMNADO PODE REALIZAR AS TAREFAS NOS MESES DE VERÁN

lunes, 8 de junio de 2020

REPASO CON PASATEMPOS

Deixamos algunhas actividades imprimibles que nos axudan a seguir repasando a modo de pasatempos:




Por último, unha oca ortográfica para xogar en familia: 👇


ACTIVIDADES REPASO

1. SUMAS DE DECENAS
2. MENOR QUE, MAYOR QUE O IGUAL QUE
3. NÚMEROS ORDINALES
4. PALABRAS IGUALES
5. ANIMALES SEGÚN SU ALIMENTACIÓN

PARABÉNS NORA

Hoxe está de aniversario a compañeira Nora de 1º B.
Moitas felicidades!
Unha aperta ben forte!


GRAZAS

Nesta época de tantos cambios todos tivemos que poñer da nosa parte e vós nenos e nenas fostes un exemplo para todos. Por iso as profes queremos darvos as grazas:
GRAZAS por adaptarvos a non poder sair das vosas casas.
GRAZAS por axudar ás familias nas tarefas e sacarlles un sorriso cando máis se necesitaba.
GRAZAS por chamar aos avós e avoas e dicirlles o moito que os botastes de menos.
GRAZAS por buscar tempo e gañas para facer as tarefas do cole.
GRAZAS por ser un exemplo para todos de como se deben respectar as normas.

Por todo isto e máis dicirvos que estamos moi orgullosas de vós que foi un gusto ser as vosas mestras e que vos desexamos o que merecedes: O MELLOR.



8 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Fai 10 anos que se declarou o 8 de xuño como o Día Muncial dos Océanos para recoñecer a súa importancia na saúde do planeta. 
Os océanos xeran a maior parte do osíxeno que respiramos os seres vivos, absorven gran cantidade de emisións de carbono, regulan o clima e alimentan á poboación mundial.

8 de junio: Día mundial de los océanos – Nuestroclima










sábado, 6 de junio de 2020

5 DE XUÑO: DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día mundial do Medio Ambiente proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, no 1972.

Colombia es el anfitrión para el Día del Medio Ambiente 2020

Este ano o tema central é a Biodiversidade
E diredes, que é isto?

A biodiversidade é a variedade de seres vivos no planeta. É a base de toda a vida na Terra, sen ela a vida humana será moi difícil, pois a auga limpa, o aire puro, os alimentos nutritivos...todo depende da biodiversdade.


Aquí tedes unha serie de videos, un conto e un corto para que reflexionedes sobre a importancia de coidar o medio ambiente.




CONTO: ¿QUÉ LE PASA AL PLANETA?




CORTO: EL CAMBIO CLIMÁTICO

martes, 2 de junio de 2020

E ti, como te sentes?

Actividade de valores desta semana...
"Así es mi corazón" 
Valentina 1°C

Ivone 1°A

Lois 1 °B

Jade 1ªA



lunes, 1 de junio de 2020

XUNTANZA NEN@S 1ºB


COMO FAI MOITO TEMPO QUE NON NOS VEMOS...CASE 3 MESES!! IGUAL QUE FIXERON OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1ºA, NÓS TAMÉN TEREMOS UNHA XUNTANZA ESTE MÉRCORES ÁS 12 DO MEDIODÍA.
NESTA REUNIÓN VERÉMONOS TODOS E TODAS DE NOVO PARA SAUDARNOS!!

ESPÉROVOS A TODAS E TODOS!!!

PARA ENTRAR SÓ TEDES QUE PREMER NA SEGUINTE LIGAZÓN E DESCARGAR A APLICACIÓN QUE SE INDICA


NOVA XUNTANZA COMPAÑEIR@S 1ºA!

Mañá martes realizaremos outra reunión ou xuntanza entre todos e todas! 
Que vos parece?
Será ás 16:00 h. 
O enlace á reunión é:
 https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m0625f1318fcdc2fcfd79e877688047c9


JUEGOS TRADICIONALES: octubre 2014

RETO ACEPTADO!!


Reto aceptado por... Mercedes 1°A

Reto aceptado por... Vega de 1°A

Reto aceptado por... Miguel 1ºA

Reto aceptado por... Olaya de 1ºA

Reto aceptado por... Laura 1°C

Reto aceptado por... Lucía Q. 1°C

Reto aceptado por... Manuela de 1°A

Reto aceptado por... Iago e Álex de 1°A

Reto aceptado por... Lois de 1ºB


Reto aceptado por... Jade 1ºA


Reto aceptado por... Arturo 1°A

NOMES CREATIVOS 🤩


Emma 1°B

Yoel 1°A


Enzo 1°C


Lucía 1°B

Martín 1°B

Miguel 1ºA

Lucas 1°B

Ivone 1°A


Manuela 1°A

Nerea 1°C

Lucía Q. 1°C

Laura 1°C

Mercedes 1°A

Olaya 1°A

Martiño M. 1ºB
Álex 1ºA

Iago 1ºA

Thiago 1ºB

Jade 1ºA


Arturo 1ºA



Jairo 1ºB


Lois 1°B

Martín J. 1°B

CIENCIAS SOCIAIS

Semana do 1 de xuño o 5 de xuño
Estas son as tarefas propostas para esta semana
O calendario                                       O tempo

E para rematar un video de como medimos o tempo:



LENGUA CASTELLANA

Semana do 1 de xuño o 5 de xuño
Estas son as tarefas propostas para esta semana:
Lectura-comprensión               Sustantivo      Palabra compuesta

MATEMÁTICAS




A continuación, as actividades propostas para esta semana 👇


No seguinte enlace deixamos tamén, un xogo interactivo para practicar coas moedas de €