Ricardo Carvalho Calero pasaba os seus veráns de neno nunha casa preto da súa vila natal de Ferrol, chamada Os Tumbos.
Moitos anos despois adicoulle un conto a este lugar máxico para el, e léndoo podemos imaxinarnos a liberdade e felicidade que sentía cando de pequeno se atopaba nese lugar.
Seguramente vós tamén tedes un lugar máxico ao que vos gusta ir e desfrutar como lle pasaba a Carvalho Calero, e por iso propoñemos a seguinte actividade, a cal espero que vos guste.
PREME NA IMAXE
Ao rematar enviádenos ás profes a foto da redacción que fixéstedes dos vosos lugares máxicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario