Os pasos a seguir serán os seguintes:
1- Buscar os libros de lectura que teñades pola casa en lingua galega.
2- Fixarse nas súas portadas.
3- Escoller unha portada que vos resulte sinxela á hora de facer a vosa particular imitación dela.
4- Poderedes empregar calquera material que teñades pola casa e sobre todo a vosa imaxinación para facer a montaxe.
5- A vosa familia tamén vos pode dar ideas e botar unha man.
6- Ánimo e a divertirse que é do que se trata.
7- Por certo, tedes de prazo ata o vindeiro domingo 24 de maio para facer as vosas montaxes. Despois debedes mandarnos aos correos das profes unha foto do libro que escollestes e outra da vosa montaxe. Mellor facer as fotos co móbil ou cámara en horizontal, para logo con todas elas facer un pequeno vídeo para que teñades de recordo .
E para que empecedes cun sorriso vouvos mostrar a miña montaxe. O libro que eu escollín titúlase: Catuxa quere saber máis. Unha nena que sempre anda a facer preguntas para aprender novas cousas.
Click aquí para ver en grande |
Click aquí par ver en grande |
No hay comentarios:
Publicar un comentario